CRTVG

Buscar

Galicia inicia esta mañá a vacinación do profesorado

Publicado o 22/02/2021 16:57

Galicia iniciará este martes a vacinación contra a covid−19 do profesorado. O proceso desenvolverase de forma paralela á inmunización dos maiores de 80 anos, un grupo de poboación co que se comezou este luns. Así o avanzou o presidente da Xunta Alberto Núñez Feijóo durante a conferencia de prensa posterior á reunión do comité clínico. Confirmárono fontes de Sanidade, que precisaron que este martes se iniciará o proceso con algúns docentes pero que o groso irá partir do mércores e durante o resto desta semana.

En concreto, por exemplo, na área sanitaria de Ourense está programada esta semana a vacinación de 3.339 docentes, que foron citados desde este luns mediante unha mensaxe SMS. Os menores de 55 anos recibirán a vacina de AstraZeneca, e o resto (685) a de Pfizer. 

"Este mércores está previsto comezar coa vacinación do profesorado. Hoxe están empezando os maiores de 80 anos, que é o colectivo en que se concentra maior mortalidade. A día de hoxe máis de cen mil galegos superaron a covid−19 e máis de 84.000 xa recibiron polo menos unha dose da vacina", explicou Feijóo.
 

Noticias web

22/02/2021