CRTVG

Buscar

Galicia réndelles homenaxe aos seus case 200 medallistas máis internacionais

Publicado o 10/01/2019 21:50

E despedimos os deportes cunha merecida homenaxe aos nosos campións internacionais. Boa parte dos case douscentos galegos que conseguiron medalla en competicións europeas ou mundiais recibiron o recoñecemento do goberno galego na Cidade da Cultura. Había representación de todo tipo de deportes: natación, patinaxe artística, vela, fútbol, tríatlon e mesmo birlos celtas. Entre todos sumaron nos dous últimos anos máis de trescentas cincuenta medallas internacionais. Semella que o papel nos vai quedar curto para sumar tantos éxitos.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

10/01/2019