CRTVG

Buscar

Galicia gaña o campionato de España de seleccións autonómicas de remo

Publicado o 09/02/2020 22:57
Galicia gaña o campionato de España de seleccións autonómicas de remo

A selección galega absoluta masculina gañou o campionato de España de remo por autonomías disputado en Castrelo de Miño. O equipo formado por Rodrigo Conde, Caetano Horta, Jesús González e Luís Miguel Escourido marcou un tempo de 2:54,56, entraron con menos dun segundo de vantaxe sobre Valencia.

Tamén o 4 scull júnior feminino se proclamou campión de España. Paola García, Malena Barro, Raquel Rodríguez e Nerea Lago, cun tempo de 3:21,62, sacáronlle case sete segundos de vantaxe a Andalucia. Un cuarteto con moito futuro por diante. 

Ao igual que o 4 scull cadete masculino formado por Álvaro Alvedro, Juan Lara, Gonçalo Barbosa e Pedro Cabrera. Remataron de segundos a menos dun segundo do tempo marcado polos cataláns.

Sumando os resultados acadados por todos os participantes, Galicia rematou de cuarta neste Campionato de España por autonomías, só superada polas potentes Cataluña, Andalucia e País Vasco.

 

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

09/02/2020