Xa se pode visitar a exposición 'Galicia futura', unha das grandes apostas do Xacobeo
Publicado o 14/07/2021 16:57
Xa se pode visitar no Gaiás, en Santiago, a exposición Galicia futura, a terceira das grandes mostras organizadas en relación co Ano Xacobeo. Recolle o proxecto de 50 artistas e científicos galegos que tentan buscarlle resposta a como podería ser a Galicia de dentro duns anos a través do diálogo entre a arte, a ciencia e a texnoloxía.