Galicia foi campioa masculina e subcampioa feminina por equipos no Campionato de España de Halterofilia
Publicado o 16/11/2020 17:07
Vinte e dúas medallas, dezasete delas de ouro. Esa foi a fértil colleita dos galegos nos campionato de España de halterofilia celebrado na Coruña. Os nomes do éxito: Irene Blanco, Alba Santos e Eva Fernandez, tres ouros cadansúa, e Irene Martínez entre as mulleres. E Martín Liste, Michael Otero, tres ouros tamén, e os irmáns Victor e Carlos Castro, entre os homes. Un fito histórico.
No cumio da competición, Irene Martínez, que, tras un ano en branco, pulverizou os rexistros na súa categoría.
Galicia foi campioa masculina e subcampioa feminina por equipos.