Galicia foi a comunidade de España en que máis aumentou o turismo en xullo
O sector turístico galego está a ver superadas as súas expectativas neste segundo verán de pandemia. As cifras do mes de xullo din que Galicia foi a comunidade con mellor comportamento de España, superando nun 10 % o resto.
Xullo non acadou as visitas récord que tivo Galicia no 2019. Pero o turismo, especialmente o nacional, estase intensificando en agosto. De tal xeito que na Coruña, por exemplo, recuperaron as cifras de ocupación previas á pandemia.
Cultura, gastronomía, paisaxes, clima..., son varios os atractivos que achegan turistas á nosa terra. Visitas que cada vez máis diversifican os seus destinos: O Courel, A Ribeira Sacra, a Mariña Lucense, A Costa da Morte. No turismo de cidades, Compostela acusara moito o impacto da covid, pero tamén rexistra melloría: está a acadar máis de 1.500 peregrinos diarios.
O Camiño xa levou a Santiago 83.000 peregrinos este ano.