Galicia figura como un dos destinos preferidos para ir de vacacións
As comunidades do norte de España son as que, xunto coas illas Baleares, están entre as dez mellores, as que figuran como as preferidas para pasar este ano as vacacións. E Galicia, por suposto, está entre elas.
Son datos que se desprenden dunha enquisa realizada por unha plataforma de alugueiros turísticos, que desvela que por medo á pandemia un 64% da xente prefire destinos rurais, pouco masificados e aloxamentos en casas e apartamentos turísticos.
A seguridade e a hixiene figuran como os aspectos que máis se teñen en conta á hora de viaxar. A covid non quitou as ganas de viaxar, pero mudou o xeito de facelo. Porque quedamos máis cerca e preferimos o alugueiro de vacacións mellor que os hoteis.
Búscanse zonas rurais e de costa pouco masificadas, e por iso Galicia está entre os destinos favoritos. E nelas, Sanxenxo segue en auxe. E advirte: se queren alugar casa para agosto en Sanxenxo, máis vale bulir coa reserva.