CRTVG

Buscar

Galicia, Estremadura, Castela e León e Andalucía únense para impulsar a Vía da Prata no Xacobeo 2021

Publicado o 21/07/2020 15:26

Galicia, Estremadura, Castela e León e Andalucía únense para impulsar a Vía da Prata con vistas ao Xacobeo 2021.

As catro autonomías asinaron un protocolo de colaboración en que se comprometen á protección, sinalización, promoción e conservación da ruta.

A primeira das accións será o lanzamento dunha páxina web con toda a información do itinerario.

No documento acórdase tamén a inclusión de Galicia na candidatura da Vía da Prata a Patrimonio Mundial da Unesco e a entrada de Estremadura e Andalucía no Consello Xacobeo. 

 

Noticias web

21/07/2020