CRTVG

Buscar

Galicia evita o contacto con Portugal e intensifica os controis da Garda Civil nas fronteiras

Publicado o 17/01/2021 14:44

Estamos nun dos dos catro controis que fai do lado galego a Garda Civil, no que separa Tui de Valença. Esta patrulla formada por Manuel e Lorenzo acaba de chegar de Goián, do límite con Vilanova de Cerveira. Esta, e mais outras patrullas, iranse movendo ao longo da mañá ata as fronteiras entre Salvaterra e Monção e entre Arbo e Melgaço.

Porque todos os concellos limítrofes portugueses quintuplicaron a súa incidencia en coronavirus nas últimas dúas semanas. Así que todo este mes de xaneiro vanse intensificar estes controis nas fronteiras.

Noticias web

17/01/2021