CRTVG

Buscar

A Revista

Galicia estivo presente no Día do Emigrante na Arxentina

Publicado o 28/09/2015 13:17

Galicia estivo representada este domingo no Festival das Colectividades de Bos Aires grazas á participación da Agrupación Folclórica Miña Terra, dependente da Sociedade Galega de Arantei, Vilamarín e A Peroxa.


Un equipo da Televisión de Galicia estivo con eles.

Últimos axustes da Agrupación Folclórica Galega Miña Terra antes de partir cara o entorno do Planetario de Bos Aires, onde representaron a Galicia como agrupación convidada no Festival das Colectividades que organiza a municipalidade porteña con motivo do Día do Inmigrante.


Os ensaios non poden faltar antes de sair ó escenario, e iso é algo que saben ben estes mozos que levan o son das gaitas e pandeiretas na alma, como parte da Sociedade Galega de Arantei, Vilamarín e A Peroxa na Arxentina.

Gastón Juan, presidente da Sociedade Galega de Arantei, Vilamarín e A Peroxa


"O feito de estar no escenario, compartindo con outras comunidades e mostrando o que é Galicia, o que é a nosa danza, a nosa música, é sempre gratificante".

Hora de poñer toda a carne no asador e sorprender ó público a ritmo de muiñeira. Aínda que aseguran que a acollida sempre é boa.

Carla Riquelme, integrante da agrupación folclórica Miña Terra

"A recepción da xente é moi boa porque a cultura galega é moi alegre, entonces teñen a sensación de que están máis cerca da propia familia".

Coa tranquilidade do traballo ben feito,esta agrupación xa pode desfrutar dos demais atractivos do encontro.


O festival das colectividades de Bos Aires foi un éxito de convocatoria. Centos de persoas aglutináronse entorno ó Planetario para ver o espectáculo das 50 agrupacións participantes. A xornada rematou desfrutando do eclipse lunar.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

A Revista

28/09/2015