CRTVG

Buscar

Galicia está preto de ser unha potencia a nivel europeo no sector das plantas ornamentais

Publicado o 03/07/2019 12:24

Galicia está preto de ser unha potencia a nivel europeo no sector das plantas ornamentais. A diferenza principal, o que nos distingue do resto de España, é o clima. Un clima atlántico e, concretamente, o microclima que se da no sur da provincia de Pontevedra, na parroquia de Goián, no concello de Tomiño, moi preto de Portugal. Un microclima que favorece a aparición de prantas ornamentais como as que poden ver aquí dende casa. Un tipo de planta chamada hortensia magical four seasons. Estamos no único sitio da Península Ibérica onde se pode producir esta planta.

É un sector, o das plantas ornamentais, que está a dar moitas alegrías dende Galicia cara o resto de Europa.
Unha das primeiras burbullas económicas dos tempos modernos foi a do tulipán na Holanda do século dezasete. Hoxe, moito máis preto, imos falar de flores, mais en crecemento positivo. Existen en Galicia 289 viveiros que no ano pasado facturaron corenta e catro millóns de euros. As causas desta boa produción radican no tempo e na terra.

Esta parte do sector primario pide recoñemento pola Administración. Hoxe en día espállase por un gran número de países europeos. Dende os viveiros critican o carácter minifundista do campo galego, que dificulta o crecemento, e resaltan outro dato relevante: preto do 90% dos traballadores, tanto na administración como nos cultivos, son mulleres.


 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

03/07/2019