CRTVG

Buscar

Galicia está por riba da media española para os usuarios da maior web de viaxes do mundo

Publicado o 21/03/2019 18:14

Galicia está por riba da media española para os usuarios da maior web de viaxes do mundo. E en Galicia destacan as provincias da Coruña ou Lugo.

O que recibe mellores valoracións na web de Trypadvisor son os nosos "lugares de interese", cunha media de 4,45 sobre a puntuación máis alta, que é o 5. Os datos de 2018 desta rede de opinión sobre servizos de hostalería volven situar toda Galicia como unha das comunidades españolas preferidas.

Cabe recordar que as valoracións son testemuños de consumo dos usuarios rexistrados. Un exemplo do éxito da nosa oferta turística: a valoración de toda España é de "excelente", cando a media está no 4,1 e os números de Galicia veñen superando ininterrompidamente esa cifra dende 2012 e aumentando ano a ano.

A Coruña e Lugo foron as mellor valoradas, pero tanto Pontevedra como Ourense mantéñense de media por riba da media estatal.


 

Noticias web

21/03/2019