CRTVG

Buscar

Galicia está no sexto posto de prezos de combustibles en España

Publicado o 14/07/2019 15:08

Tan só en Baleares saía máis caro que en Galicia encher o depósito de diésel hai un ano. Agora, Galicia pasou ao sexto posto no prezo dos combustibles, por debaixo das Baleares, Asturias, País Vasco, Cantabria e Madrid. Non é que os prezos baixasen, pero aquí subiron menos: dous céntimos por litro no último ano. 

Por provincias, pode haber unha diferenza de 12 céntimos, e as galegas xa non están entre as máis caras. Chama a atención que A Coruña pasou do cuarto posto ao 21 nesta clasificación por prezo medio do gasóleo de automoción. 

Hábitos e fidelización das estacións impóñense. Porque para atoparmos o combustible máis barato de España, os galegos teríamos que ir a Valencia, Lleida ou Almería. A Portugal non nos compensa: alí, tras os impostos, o litro de gasolina custa ata 20 céntimos máis ca en España. 

Os datos son do último informe do Geoportal de Gasolineiras que actualiza o Ministerio para a Transición Ecolóxica. Baseándonos nel: saiban que esta gasolineira da Coruña é hoxe a máis barata de Galicia.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

14/07/2019