CRTVG

Buscar

Galicia está á cabeza en número de suicidios de policías

Publicado o 25/03/2019 21:25

Entrar no corpo da Policía é entrar tamén nas súas sombras. Sombras que analizan no proxecto VIVE CNP, policías que piden medidas ante este dato: 14 axentes suicidáronse no ano 2018, fronte aos 7 do resto da poboación civil

A Organización Mundial da Saúde define o suicidio como multicausal. VIVE CNP estuda as posibles causas na policía: falta de conciliación laboral, mobilidade xeográfica, situacións límite profesionais e emocionais, segredo profesional... e, a primeira que nos vén á cabeza: a accesibilidade a unha arma de fogo.

Malia estes avances as negociacións cara conseguir o protocolo están paradas. En Galicia suicídase de media 1 axente ao ano, colocándonos á cabeza do resto das comunidades autónomas. Mentres, seguen insistindo, o suicidio é o último vagón dun tren que vai descarrilando aos poucos; a prevención e a vixilancia o mellor sistema de seguridade.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

25/03/2019