CRTVG

Buscar

Galicia entra na fase epidémica da gripe

Publicado o 18/01/2019 14:34

Galicia entrou xa na fase epidémica da gripe. No que vai de campaña vacináronse 500.000 persoas na comunidade. Son 30.000 máis que o pasado ano, e aumentou de maneira considerable o número de persoal sanitario vacinado. O pico da enfermidade espérase a principios de febreiro.

Antonio Fernández-Campa, Xerente do Sergas: "Imos con certo atraso respecto a outras comunidades de España porque vemos que dos datos que se publicaron en Cantabria faleceron 4 persoas polo virus da gripe e 19 foron publicados no País Vasco, pero en Galicia imos atrasados na entrada do virus, aínda que estamos xa entrando na onda epidémica".

En Galicia morreron dúas persoas, ambas de grupos de risco e non vacinadas: unha delas polo virus e, na outra, a gripe complicou a súa doenza. Dende o comezo da campaña houbo 152 ingresos hospitalarios. Ata o 25 deste mes aínda se poderán vacinar en 900 puntos na comunidade.

Antonio Fernández-Campa, xerente do Sergas: "É unha vacina moi eficaz neste ano porque as cepas que se están a ver do virus coinciden coas vacinas que se están a recoller este ano e polo tanto animamos a toda a poboación que se atope en situación de risco a vacinarse".

En España hai 109 casos de gripe por cada 100.000 habitantes, e xa hai 10 comunidades en fase epidémica.

Noticias web

18/01/2019