CRTVG

Buscar

Meseta epidemiolóxica: un momento crucial previo á vacinación en masa

Publicado o 25/03/2021 14:30

A imaxe dunha zona chaira evoca a nosa situación actual, en que as flutuacións diarias de casos de coronavirus, arriba ou abaixo, son practicamente irrelevantes. Pero a mellor meseta, explícannos os expertos, é a que teñen nos máis de 180 concellos galegos que son cero-covid desde hai sete días.

A que nos referimos con meseta?

"Unha mesete é unha planicie e, entón, se estaban diminuíndo os casos, de repente, non diminúen tan rápido", explica Juan Gestal, catedrático en Medicina Preventiva e experto en epidemioloxía. 

Os parámetros que marcan a evolución din que a situación está baixo control cando fai xa un mes do inicio da terceira desescalada. Pero ollo, porque vai ben en Galicia.

"Hai tres comunidades autónomas que triplican a incidencia tanto a 7 como a 14 días que ten Galicia: é o caso da Comunidade de Madrid, do País Vasco e de Navarra", advirte Alberto Ruano, Profesor de Medicina Preventiva da USC. E o feito de que a progresión da pandemia sexa diferente por áreas indica que hai masa vírica e que non se pode baixar a garda.

"É moi importante evitar unha cuarta onda porque sería terrible", engade Gestal. Terrible sabendo que a partir de semana santa chegarán as vacinas de xeito masivo. "É o momento de gozar do bo tempo, pero reuníndose sempre en exterior e cun grupo determinado de amigos, seguindo o concepto de burbulla", suxire. Planificar o noso lecer de xeito responsable, en burbullas que permitan gozar sen poñer en risco a saúde pública.

Noticias web

25/03/2021