CRTVG

Buscar

Galicia énchese de festas na ponte de agosto, a máis festeira do ano

Publicado o 15/08/2019 18:34

VILAGARCÍA DE AROUSA
Auga, auga e máis auga. É o particular xeito que dende hai décadas teñen os vilagarciáns de honrar ao San Roque. A partir do mediodía, e co santo xa refuxiado na súa capela, milleiros de litros lanzados desde balcóns, fiestras e plataformas mollarán as rúas e aos festexantes que se acheguen, e para os que RENFE ofrecerá 1.500 prazas máis entre hoxe e mañá para acudir ata Vilagarcía.

VIGO
En Vigo tamén comezaron hoxe as festas en honra do San Roque, na que está considerada a última gran romaría popular que se celebra nunha urbe galega. Mañá será o día grande, coa misa maior e aprocesión do santo para as ofrendas, donde tampouco faltarán as atraccións e a gastronomía popular.

MELIDE
No interior de Galicia, tamén Melide se encherá de xente estes días na honra do San Roque. Dez días de festa pola que pasarán as grandes orquestas de Galicia e estrelas do pop nacional, coma Juan Magán, que actúa esta noite.

VIVEIRO
Viveiro é outro dos puntos máis senlleiros das festas do San Roque en Galicia, que terán o seu día grande mañá coa tradicional romaría ao monte de San Roque, ata donde subirán milleiros de viveirenses e visitantes para celebrar unha xornada de xantares campestres e de troula.

PONTEVEDRA
Mentres en Pontevedra continúan as festas da Peregrina, que concentran nesta longa ponte de agosto o máis forte da súa oferta musical, coas actuacións de Furious Monkey House, Beret ou Iván Ferreiro.

BETANZOS
Outro gran clásico do San Roque galego está en Betanzos, coa solta do seu xigantesco globo de papel, moi agardada desta vez, despois de que o ano pasado non conseguise despegar por primeira vez en 45 anos. Mañá á medianoite tódolos betanceiros colaborarán para que o seu símbolo máis senlleiro volvar surcar os ceos.




 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

15/08/2019