CRTVG

Buscar

Galicia baixa a incidencia da niveis de xuño do ano pasado e entra en nova normalidade

Publicado o 04/10/2021 18:19

A incidencia na comunidade autónoma sitúase nos 22,95 casos

• O conxunto de España, próximo a entrar no nivel baixo

Galicia entra en nova normalidade por primeira vez desde xuño do ano pasado. Con isto, súmase a Asturias, que o pasado 20 de setembro alcanzaba tamén este nivel. A comunidade autónoma está actualmente nunha incidencia de 22,95 casos por cada 100.000 habitantes.

O Ministerio de Sanidade rexistrou este luns, con datos achegados polas comunidades autónomas, 4.271 novos casos de coronavirus no conxunto de España, dos que 385 foron diagnosticados nas últimas 24 horas, fronte aos 877 rexistrados o venres, o que eleva a 4.965.399 a cifra total de persoas contaxiadas de covid−19 desde o inicio da pandemia. 

Respecto da incidencia media actual de contaxios en España nos últimos 14 días, o informe mostra que segue diminuíndo, situándose agora nos 54,12 casos por cada 100.000 habitantes, en comparación cos 57,91 notificado o venres polo departamento dirixido por Carolina Darias.   

En canto aos falecidos por covid−19, notificáronse 64. Na última semana rexistráronse 88. Isto fai que a cifra global de decesos por coronavirus en España se eleve ás 86.527 persoas.   

Actualmente hai 2.364 pacientes ingresados por covid−19 en toda España e 637 en UCI, aínda que nas últimas 24 horas producíronse 182 ingresos e 122 altas. A taxa de ocupación de camas por coronavirus sitúase no 1,95 por cento e nas UCI no 6,99 por cento.

Noticias web

04/10/2021