Galicia en Común, posible marca de Anova, Podemos e EU á marxe de En Marea
Publicado o 11/03/2019 20:47

Anova, Podemos, Esquerda Unida e as mareas municipais preparan unha candidatura para concorrer ás eleccións xerais á marxe da impulsada por Luís Villares. Galicia en Común é o posible nome da coalición impulsada polos críticos de En Marea. Esta listaxe común deberá rexistrarse antes do 15 deste mes na Xunta Electoral Central. Con esta posible marca para concorrer ás eleccións confírmase a ruptura total de En Marea.