CRTVG

Buscar

Galicia en Común reúnese coa xente do mar na Pobra do Caramiñal

Publicado o 26/10/2019 21:40

Galicia en Común arrincou hoxe a precampaña na Pobra do Caramiñal, coa vista posta nos problemas da xente do mar e no estado das nosas rías. Yolanda Díaz e Antón Gómez Reino insistiron en que este sector produtivo é estratéxico para Galicia e tamén para o estado.

Nun acto coa xente do mar recrimináronlle ao PSOE a demora que leva na ratificación do convenio 188 da OIT, que garante o benestar das tripulacións.

Insistiron en que no seu programa está o recoñecemento das enfermidades profesionais e as xubilacións anticipadas sen penalización dos coeficientes redutores:

"Temos que avanzar en cuestións que son fundamentais para Galicia. Por exemplo, as políticas de descartes cero, a defensa das artes do xeito, da pesca tradicional, da pesca sostible e sen dúbida, todo o que ten que ver con esa etiquetaxe que non somos capaces de conseguir para eses produtos que son levados adiante con tarefas non agresivas", dixo Yolanda Díaz, candidata de Galicia en Común por Pontevedra.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

26/10/2019