Telexornal Serán
Galicia é unha das comunidades onde o traballo autónomo femenino ten maior peso
Publicado o 05/03/2018 21:14
Galicia é unha das comunidades en que o emprego autónomo feminino ten maior peso. Con todo, o número de mulleres autónomas está por baixo dos anos anteriores. Un dos factores é o envellecemento da poboación.
E dúas son, segundo ATA, as razóns. No sector primario, a poboación envellece e non hai remuda xeracional. No comercio, onde a muller ten un papel relevante, estase a reducir o número de altas.
A caída do número de mulleres autónomas e o despoboamento do rural son factores moi ligados, aseguran dende ATA. Son necesarios incentivos. A proposta é ampliación da tarifa plana e que cubra un maior número de supostos. Por exemplo, a sucesión empresarial no rural.
En España, o 35% dos traballadores por conta propia son mulleres. Estamos en niveis superiores ao ano 2007. En ATA din que as mulleres autónomas son as protagonistas da recuperación económica e da xeración de emprego.