CRTVG

Buscar

Galicia é un dos destinos turísticos mellor situados de España segundo a Xunta

Publicado o 12/07/2019 16:27

Desde a ría de Vigo aos Ancares, desde Santiago ao Courel... Galicia conta con 19 xeodestinos, espazos delimitados dun xeito natural pola súa historia e singularidade. Esta mañá asináronse os convenios de colaboración con 11 destes xeodestinos que representan máis de 100 concellos e que recibirán axudas da Xunta por máis de medio millón de euros para o fomento do turismo.

Galicia sitúase como a comunidade autónoma que obtivo un maior crecemento do turismo na temporada media-baixa. O turismo rural medrou un 10% no que vai de ano e, ademais, o índice de confianza empresarial no sector turístico tamén mellora.

Os xeodestinos galegos buscan ofrecer ao visitante diferentes atractivos durante os doce meses do ano para que o turista goce de Galicia en toda a súa amplitude.
 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

12/07/2019