CRTVG

Buscar

Galicia e Portugal reforzan a cooperación no ámbito das feiras multisectoriais

Publicado o 17/07/2019 18:11
Galicia e Portugal reforzan a cooperación no ámbito das feiras multisectoriais

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda e o director de InvestBraga, Carlos Oliveira, asinaron un convenio de colaboración entre o recinto portugués e a Fundación Semana Verde.

A Xunta segue asentando a premisa de que colaboración e cooperación son as bases para seguir avanzando cara a internacionalización das feiras

O obxectivo é que acollan máis expositores internacionais e que ambas incrementen a súa visibilidade tanto en Portugal como en Galicia.

Galicia e Portugal continúan a senda da cooperación no ámbito das feiras multisectoriais, coa firma esta mañá na cidade portuguesa do convenio de colaboración entre Altice Forum Braga e a Fundación Semana Verde de Galicia despois de asinar no mes de marzo do pasado ano en Porto, o convenio de colaboración con  Exponor-Feira Internacional do Porto, o que permite seguir incrementando tanto o número de visitantes como expositores e certames das Feiras.

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o director de  InvestBraga, Carlos Oliveira, asinaron o convenio polo cal ambas as Feiras colaborarán na procura de iniciativas e oportunidades que van permitir a ambos os recintos seguir crecendo e complementándose, xa que entre ambas abarcan múltiples sectores. Facilitando ademais a apertura de novos mercados, tanto ás empresas galegas como ás portuguesas.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí