CRTVG

Buscar

Galicia e Portugal estreitan a colaboración con vistas ao Xacobeo 2021

Publicado o 13/03/2019 15:12

Galicia e Portugal unen forzas para incentivar o turismo a un e outro lado da fronteira. Ademais, o país veciño comprométese a implicarse activamente para o vindeiro xacobeo. Así o deixaron patente os dous gobernos nunha xuntanza celebrada hoxe en Lisboa. 

O Xacobeo 2021 é un proxecto de todos os territorios por onde pasan os diferentes camiños a Santiago e o Goberno galego estivo hoxe en Lisboa para atar esa colaboración en Portugal. O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, reuníronse co ministro portugués de Economía, Pedro Siza, que loou as boas relacións a un e outro lado da fronteira e sinal diso, explicou, é a existencia do decreto lei para o desenvolvemento dos camiños a Santiago en Portugal. O ministro tamén apuntou que se traballa nun cumio Galicia-Norte de Portugal para intensificar as relacións empresariais, aínda que un dos puntos máis sobresaíntes da xuntanza foi a idea de crear unha ruta espiritual dentro do Camiño Portugués que enlace Fátima con Santiago.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/03/2019