CRTVG

Buscar

Galicia e outras comunidades claman contra o pago nas autovías e piden explicacións

Publicado o 14/08/2019 16:05

Galicia e outras comunidades piden explicacións ao Goberno despois de que relanzaran a idea de establecer un pago nas autovías. Aquí afectaría case 600 quilómetros.

Na Xunta recibiron con sorpresa que o Goberno en funcións retome a idea de cobrar nas autovías e agardan máis explicacións. 

Se finalmente se aplica a medida, aquí afectaría uns 560 quilómetros. E os que máis o notarían serían os usuarios da autovía que une as provincias de Pontevedra e Ourense, os da A-6 e os da autovía do Cantábrico. 

Fomento fala dun pago simbólico que suporía unha décima parte do que se paga de media nas autoestradas, pero xa hai quen o cuantifica.

As construtoras, que aplauden a media, propoñen tres céntimos por quilómetro, para recadar 1.200 millóns ao ano. Explican que así se liberarían eses cartos dos presupostos para destinalos, por exemplo, din, a hospitais. E destacan que en practicamente toda Europa se paga polas autovías. 

En Galicia dáse a circunstancia de que aínda quedan case 30 anos para que remate a concesión da AP-9 e dende Fomento recoñecen que casos así, onde as peaxes son moi elevadas, habería que estudalos á parte.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

14/08/2019