Galicia e México reforzan os intercambios comerciais
Publicado o 15/05/2019 16:17
A automoción, o metal e o téxtil son os sectores onde se concentran as maiores oportunidades de negocio. O estado mexicano de Querétaro é o cuarto centro mundial de actividades aeroespaciais e o corazón da automoción no país. Para a industria galega é unha interesante posibilidade de negocio, cada vez máis próxima en virtude do convenio de colaboración asinado co Círculo de Empresarios de Galicia.
Galicia é o quinto provedor español a México, país que é o noso duodécimo cliente e o principal mercado das empresas galegas en América Latina, co sector naval á cabeza, sobre todo nos anos 2016 e 2017, con importes de 175 e 154 millóns de euros respectivamente.
Máis sobre actualidade
22/01/2021 17:33