CRTVG

Buscar

Galicia é das comunidades onde máis medicamentos se reciclan

Publicado o 03/06/2019 15:01

Hai un punto Sigre en cada farmacia, máis de 1.300 distribuídos por todo o territorio galego desde que en 2001 se instalaran de forma piloto na provincia de Ourense. Desde entón, a concienciación cidadá sobre a necesidade de reciclar estes residuos foi a máis.

Juan Carlos Mampaso, director xeral de Sigre, explica que "en gramos por persoa e ano son 119, cando a media estatal está en 103, ou sexa, que Galicia vai por diante".

En total, a industria recolleu e xestionou o ano pasado nestes contedores 322.000 quilos de residuos. Hai concienciación pero aínda persisten moitas dúbidas sobre que se debe e que non depositar aquí.

"Hai que levar caixas baleiras e restos de medicamentos que xa non imos consumir, e non hai que levar termómetros, agullas, gasas, cueiros...".

Segundo os datos de Sigre, nestes 18 anos conseguiuse, grazas á participación da cidadanía na reciclaxe de medicamentos, evitar a corta de 39.000 árbores e aforrar 14 millóns e medio de litros de auga.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

03/06/2019