CRTVG

Buscar

Galicia e Cantabria, as únicas comunidades en nivel verde de alerta pola covid-19

Publicado o 19/10/2020 15:41
Galicia e Cantabria, as únicas comunidades en nivel verde de alerta pola covid-19

Para establecer en que nivel de alerta está cada comunidade analízanse varios factores: por un lado, os indicadores de transmisión do virus; é dicir, o número de positivos, e, polo outro, a capacidade asistencial que ten cada comunidade en hospitais e UCIS.

Só hai dúas comunidades en verde. Unha delas é a nosa, Galicia. A outra comunidade en verde con Galicia é a de Cantabria.

No seguinte nivel, con peores cifras xa e cor amarela, están Andalucía, Asturias, as Baleares, as Canarias e Valencia.

En laranxa, hai cinco comunidades: Castela-A Mancha, Cataluña, Estremadura, Murcia, Euskai e a cidade autónoma de Melilla.

E na máxima alerta, a vermella, hai cinco autonomías: Navarra, con máis de 800 casos por cada cen mil habitantes, Madrid, coas ucis ocupadas con covid-19 ao 35%, A Rioxa, Aragón, Castela e León e a cidade autónoma de Ceuta.

Noticias web

19/10/2020