CRTVG

Buscar

Galicia e Asturias son as comunidades máis afectadas polos suicidios

Publicado o 12/09/2021 18:05

Máis de setecentas mil persoas suicídanse ao ano en todo o mundo, segundo a Organización Mundial da Saúde.

En España, segundo os últimos datos do Instituto Nacional de Estatística, a situación é igualmente grave e, en gran medida, descoñecida ou ignorada.

Os datos oficiais indican que Galicia e Asturias son as comunidades máis afectadas por este problema, e tamén aquí se dá a mesma tendencia ca no resto de España, a maior parte dos que conseguen suicidarse son homes.

Desde organizacións coma o Movemento Galego pola Saúde Mental, insisten na necesidade de máis medios por parte da Administración, e maior concienciación da sociedade, especialmente a través dun tratamento correcto nos medios de comunicación.

Os psicólogos advirten de que a crise sanitaria e económica ocasionada pola covid vai incrementar o número de suicidios ou tentativas, polo que lle esixen ao Goberno central un plan de prevención do suicidio, e á Xunta que dea datos e resultados do plan aprobado no 2017.

 

Noticias web

12/09/2021