CRTVG

Buscar

Galicia e Andalucía acordan mellorar a Vía da Prata para o Xacobeo 2021

Publicado o 03/09/2019 21:13

Andalucía é a comunidade que máis peregrinos achega á Ruta Xacobea. Máis de 30.000 percorreron o ano pasado a Vía da Prata para chegaren a Compostela. Unha ruta de case 800 quilómetros cun enorme potencial de crecemento.

Segundo o conselleiro de Cultura, de cara ao Xacobeo 21 toda España e o mundo estarán mirando a Compostela. É , dixo, un bo momento para potenciar e relanzar esta vía como unha vía vertebradora de España, e que ten un gran potencial cultural e turístico.

Román Rodriguez e a súa homóloga andaluza, Patricia del Pozo, reuníronse este martes en Sevilla e acordaron unha serie de medidas para mellorar o estado, a sinalización e os servizos da Vía da Prata nos tramos que discorren tanto por Andalucía como por Galicia. Comprometéronse tamén a promover e poñer en valor as particularidades desta ruta, cun clima especialmente apropiado para os meses máis frios, e para os que peregrinan en bicicleta e a cabalo.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

03/09/2019