CRTVG

Buscar

Galicia é a única comunidade con financiamento estable a grupos de investigación

Publicado o 08/01/2019 15:37

Galicia é a única comunidade autónoma do Estado que conta cunha liña de financiamento estable a grupos de investigación. Recordouno a conselleira de Educación na visita aos centros de investigación da Universidade de Vigo, que a Xunta financia con 12,5 millóns de euros.

214 científicos traballan baixo a dirección da inmunóloga e especialista en nanotecnoloxía África González no Cinbio, un dos dous Centros Singulares de Investigación da Universidade de Vigo. Aquí, os equipos multidisciplinares abordan a síntese de fármacos, a diagnose e a causa de moitas doenzas.

O grupo formouse en 2010 e desde entón xa xerou diversas patentes e publicacións científicas e impulsou a creación de cinco empresas.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

08/01/2019