CRTVG

Buscar

Galicia é a terceira comunidade con maior obesidade entre os máis pequenos

Publicado o 14/03/2019 17:38

A obesidade é xa a enfermidade crónica máis prevalente na infancia, incluso en lactantes. Esta grave situación, de non atallarse, terá graves consecuencias negativas no futuro para a sociedade. Moitos nenos e nenas xa padecen patoloxías propias dos adultos. É responsabilidade de todos fomentar hábitos saudables na infancia. Unha alimentación adecuada, reducir o sedentarismo e sobre todo facer exercicio físico diario.

E a pesar de vivir nun dos países máis lonxevos, xunto co Xapón, isto podería cambiar. Se segue así, os expertos aseguran que os pequenos obesos vivirán moito menos. Tamén engaden que os nenos deben ser activos e que as pantallas as veces engordan máis ca os propios alimentos.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

14/03/2019