CRTVG

Buscar

Galicia é a primeira comunidade que consegue un certificado de xestión forestal sostible FSC

Publicado o 14/02/2020 15:03

Este é un dos primeiros montes galegos xestionados pola Xunta que conseguiron o selo de xestión forestal sostible de FSC. A certificación informa o consumidor de que toda a madeira saída destes montes de Saldanxe, na Pastoriza, procede de bosques xestionados de forma sostible, algo cada vez máis demandado polas empresas.

O conselleiro destacou que a Xunta é pioneira a nivel estatal neste tipo de certificacións que acreditan o respeto mediambiental das producións forestais

Tamén salientou que dende a Xunta avogan por un monte ordenado e sostible e que por iso mesmo en todas as ordes de axudas forestais están a promover que a madeira estea certificada.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

14/02/2020