CRTVG

Buscar

Galicia é a primeira comunidade en número de accidentes por xabarís

Publicado o 17/01/2020 12:59

Galicia é a comunidade que acumula máis accidentes con xabarís. O impacto desta especie cinexética, segundo un estudo da Fundación Axa, causa na comunidade oito de cada dez golpes. Os sinistros concéntrase nos meses de inverno, fundamentalmente en decembro. 

Aínda se pode ver un porco bravo na gabia a carón do vial despois dun accidente que tivo lugar o 11 de decembro. Esta especie cinexética converteuse nun dos principais problemas do tráfico en Galicia con 2.800 accidentes ao ano. Un animal que se deixa ver cada vez máis por zonas periurbanas e que causa graves danos en plantacións agrícolas. Por non falar de que é un dos vectores que transmiten a peste porcina africana, unha enfermidade que aínda que en Europa non traspasou as fronteiras belgas, si é un grave risco para o sector porcino.

Burgos ocupa o primeiro posto na listaxe de máis sinistros de todo o Estado, pero son as catro provincias galegas as que están en xusto despois. Neste sentido, un informe de AXA amosa como Ourense subre tres postos na listaxe, colocándose como a segunda provincia máis perigosa de España polo risco a que un xabaril apareza, de súpeto, diante do noso coche.

Os meses máis perigosos do ano nas estradas debido á maior probabilidade de bater con algún animal é durante a tempada de caza de setembro a xaneiro, sendo decembro o mes de máis incidencia, ao concentrar o 11,8 por cento dos accidentes con animais de diferentes especies cinexéticas.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

17/01/2020