CRTVG

Buscar

Galicia é a décima rexión produtora de leite da UE

Publicado o 12/07/2021 20:58

Óscar comproba que o tanque do leite está cheo. A súa media por vaca subiu ata os 37 litros diarios e esa suba dase na meirande parte das case 7.000 explotacións galegas. En cinco anos, e malia o peche dunhas 400 granxas anuais, a produción galega subiu nun 9 %. Iso sitúa a Galicia como a décima rexión leiteira máis importante da Unión Europea con 2,9 millóns de toneladas anuais. Os gandeiros sinalan o manexo e o traballo en xenética como claves desta evolución. Óscar Penín, gandeiro: "A xenética é moi importante. E tamén a alimentación. Agora as vacas pacen pero tamén se lles complementa a ración con forraxes, silos e pensos".

O incremento na produción veu acompañado dun incremento nos controis do produto. Analízanse as condicións de almaceamento e transporte do leite e a súa salubridade, pero tamén a súa riqueza en compoñentes ou os indicadores que definen o estado de cada animal. Este labor desenvólveno as asociacións provinciais de control de rendementos. Os expertos sinalan a mellora xenética, o aumento de superficie para forraxes e, sobre todo, a incorporación de novas tecnoloxías ás granxas como as claves para manter os niveis de produción nos vindeiros anos.

Noticias web

12/07/2021