CRTVG

Buscar

Galicia é a cuarta comunidade de España con maior vacinados fronte á gripe

Publicado o 07/03/2019 22:31

Galicia é a cuarta comunidade de España con maior cobertura de vacinados fronte á gripe. Nesta campaña, case seis de cada dez maiores de 65 anos vacináronse. Foron 8.500 máis que o ano pasado.

Tamén aumentou nos profesionais sanitarios. Case a metade destes traballadores vacináronse contra a gripe este ano.

Jesús Vázquez Almuíña, conselleiro de Sanidade: "O que significa o incremento nos profesionais sanitarios é que ao final son exemplo para toda a cidadanía. Subir seis puntos é moitísimo dun ano para outro. Hai unha concienciación cada día máis clara dos profesionais e iso favorécenos porque vai ser exemplo para o resto de cidadáns".

Aumenta a vacinación nos profesionais sanitarios e tamén nas embarazadas. Esta campaña foron o dobre que a anterior ata chegar ao 52 por cento . Precisamente a vacinación das mulleres xestantes foi un dos temas que se abordou na xornadas Seqirus de actualización en gripe que se celebran en Santiago e que reúnen expertos nacionais e internacionais.

Raúl Ortiz de Lejarazu, centro nacional de gripe de Valladolid: "Embarazadas temos que conseguir que, polo menos, se vacine o 75 por cento das embarazadas, Hai moitas mulleres embarazadas que pensan que vacinarse da gripe é un risco e, ao revés, o risco que ten unha embarzada cando se comparas unha embarazada e unha non embarazada o risco de ingreso no hospital é oito veces maior cando ten a gripe.

Sobre o futuro das vacinas contra a gripe, os expertos apuntan dous obxectivos. Un, é conseguir que teñan máis protección, que combatan varios virus, e, o outro, é que duren máis tempo, que unha vacina sirva para tres ou catro anos.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

07/03/2019