CRTVG

Buscar

Galicia é a cuarta comunidade con menos endebedamento

Publicado o 29/09/2017 16:36

A débeda pública galega baixou un 2% no segundo trimestre. Segue sendo un 6% superior á de hai un ano, pero Galicia é a cuarta comunidade con menos endebedamento.

Segundo os datos do Banco de España, a débeda pública en Galicia ascende a 11.363 millóns, o 19% do Produto Interior Bruto, seis puntos menos que a media autonómica. A débeda do conxunto das administracións sitúase en 1,13 billóns de euros, representa o cen por cento do Produto Interior Bruto.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

29/09/2017