CRTVG

Buscar

Galicia é a cuarta comunidade autónoma con máis absentismo laboral

Publicado o 13/03/2019 20:51

Galicia supera lixeiramente a media española en absentismo laboral non xustificado. Case un un e medio por cento das horas pactadas non se traballan. É tempo que a poucos se perde da xornada laboral e que pasa desapercibido.

Isabel Cantó, directora xeral de Bodet España: "Se xuntamos todos os pequenos atrasos, días que non se vai traballar, e imos facendo a suma, supón que nun día hai 51.000 persoas que en Galicia non van traballar".

Máis de 50.000 xornadas que se perden ao ano en Galicia, 247.000 no conxunto de España, advirte esta empresa de sistemas de control horario. Di que establecer controis sobre o cumprimento das xornadas tamén porá de manifesto a realidade das horas extraordinarias.

Isabel Cantó, directora xeral de Bodet España: "Estamos falando dunha media de 400 horas extras non declaradas por empregado e se extrapolamos estes datos falar dunhas perdas de cartos que non entran nas arcas públicas de 34.000 millóns de euros ao ano".

En Galicia, o sector en que máis se prolonga a xornada sen contraprestación económica é no da hostalería.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/03/2019