CRTVG

Buscar

Galicia é a comunidade que acumula máis accidentes con xabarís

Publicado o 27/12/2019 19:55
Galicia é a comunidade que acumula máis accidentes con xabarís

O estudo da Fundación AXA conclúe que o xabaril causa na comunidade oito de cada des choques con animais nas estradas. Un 27% do total de España. Por provincias aínda que Burgos encabeza a lista de accidentes, son as catro provincias galegas as que están xusto detrás.

O mes máis perigoso do ano nas estradas debido á probabilidade de chocar cun animal é precisamente este mes, o de decembro e o informe conclúe tamén que a maioría dos accidentes concéntranse durante a noite ou nas horas con pouca luz.

Noticias web

27/12/2019