CRTVG

Buscar

Galicia Noticias Serán

Galicia é a comunidade con maior número de cruceiros

Publicado o 01/09/2017 20:56




Galicia é a comunidade con maior número de cruceiros e con maior variedade tipolóxica e cronolóxica. Así o manteñen dende a Asociacion de Amigos dos cruceiros que traballan nunha catalogación exhaustiva destes elementos patrimoniais. Estiman que aquí temos entre 8.000 e 10.000 e loitan para que teñan máis protección.

Galicia é, segundo a Asociación de Amigos dos Cruceiros, Cruces de Pedra e Petos de Ánimas, a comunidade con máis cruceiros. Falta un inventario rigoroso, en que xa están a traballar, pero estiman que hai entre 8.000 e 10.000. Sinalan que son elementos claves do noso patrimonio pero que están moi desprotexidos.

Dende a asociación reivindican unha maior protección dos cruceiros e que se modifique a lei que só recoñece os anteriores a 1901 como Ben de Interese Cultural.

Ademais sinalan que os cruceiros son monumentos excepcionais que cómpre potenciar máis como atractivo cultural e turístico e subliñan que seguirán loitando por eles ata que sexan declarados Ben Patrimonio da Humanidade.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí