CRTVG

Buscar

Galicia dispón da única piscifactoría de ollomol do mundo

Publicado o 25/12/2018 14:14

Nestas xaulas medran os únicos ollomoles criados en cautividade do mundo. A empresa Isidro 1952 montounas hai duas décadas para poñer ao alcance do consumidor medio unha especie cada vez escasa na pesca. Todo comeza en Valdoviño, onde crían os alevíns a partir de exemplares salvaxes. Despois trasládanos ás xaulas de Lorbé, na ria de Ares, onde irán engordando paseniño ata dar a talla comercial.


Cando o ollomol madura, captúrase e envíase fresco a esta planta de Cambre. Alí realizaranse os últimos controis de calidade antes da venda. De aquí sairán neste mes unhas 77 toneladas do ollomol cara o mercado nacional e tamén cara os países do sur de Europa, os que máis valoran a especie, sobre todo como manxar de nadal.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

25/12/2018