CRTVG

Buscar

Galicia defende no Prado a candidatura da Ribeira Sacra ante os embaixadores do comité da Unesco

Publicado o 08/06/2021 21:21

Galicia presenta no Museo do Prado a candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio Mundial  ante o comité da Unesco. Aínda que a Xunta e o Goberno acordaron retirar a candidatura para este ano, para reforzala e mellorala, o conselleiro de Cultura quixo que os 21 embaixadores do comité da Unesco, que son os que teñen a decisión final, coñecesen todo o traballo que os gobernos central e autonómico están a facer na Ribeira Sacra. Este foi, para Román Rodríguez  o primeiro paso na nova etapa da candidatura ata conseguir o si definitivo.

"Queremos que esta presentación non só sexa un momento duro e difícil para Galicia. Queremos que sexa o primeiro paso, a primeira carta de presentación para seguir camiñando nunha proposta que segue moi viva", di Román Rodríguez, conselleiro de Cultura.

 

Noticias web

08/06/2021