CRTVG

Buscar

Galicia, a cuarta comunidade con menos días de espera para unha cirurxía

Publicado o 08/12/2019 15:03
Galicia, a cuarta comunidade con menos días de espera para unha cirurxía

Segundo a Xunta, Galicia consolida a súa posición nos primeiros postos das comunidades autónomas con mellores resultados nas listas de espera cirúrxica.
Sitúase como a cuarta comunidade no informe comparativo publicado polo Ministerio de Sanidade. Segundo eses datos, Galicia está 59 días por debaixo da media cirúrxica do Sistema Nacional de Saúde. Sitúase despois de Madrid, da Rioxa e do País Vasco. A porcentaxe de pacientes que teñen que agardar máis de seis meses para unha intervención é do 1,9% en Galicia, fronte ao 15,8% do Sistema Nacional de Saúde.
En consultas, o tempo de espera en Galicia está nos 38 días, 43 días inferior á media estatal.

Noticias web

08/12/2019