CRTVG

Buscar

Galicia crea o seu rexistro de pacientes con enfermidades raras

Publicado o 08/01/2019 21:04

En Galicia hai unhas 180.000 persoas que padecen algún tipo das chamadas enfermidades pouco frecuentes. Para todas elas acaba de crearse un rexistro de pacientes con doenzas raras. O seu obxectivo é mellorar a prevención e a asistencia a estes enfermos.

Coa publicación no Diario Oficial de Galicia do decreto que regula o rexistro de pacientes de enfermidades raras ponse en marcha en Galicia o que era unha vella demanda dos arredor de 180.000 galegos que padecen algún tipo destas doenzas pouco frecuentes.

Coa debida protección de datos dos pacientes, o rexistro permitirá a obtención de datos clínicos e epidemiolóxicos así como sociodemográficos para a mellora do coñecemento das doenzas raras.

A comparación de datos con outros rexistros autonómicos, co rexistro estatal e outros a nivel europeo, permitirá tamén avanzar nas liñas de investigación.


 

Noticias web

08/01/2019