CRTVG

Buscar

Galicia continúa sen ningún caso rexistrado de coronavirus

Publicado o 01/03/2020 15:09

Sen casos de coronavirus rexistrados aquí, o conselleiro de Sanidade, Jesús Vazquez Almuiña, participou este mediodía desde San Lázaro no Consello interterritorial co resto de comunidades no que valoraron a expasión do coronavirus. España continúa en fase de contención.

"Estamos aínda fóra da fase 2, estamos na fase 1. Aínda que pode ocorrer que nalgún momento teñamos casos, como nas outras autonomías, España en xeral ten poucos casos. Mañá valorarase a toma de decisións nos grupos de Saúde Pública e de alertas do Ministerio sempre proporcionalmente a como se encontren as comunidades autónomas unhas con respecto a outras", dixo Jesús Vázquez Almuíña, conselleiro de Sanidade.

A Xunta xa puxo en marcha unha Comisión Interdepartamental para o seguimento do COVID-19, encargada de coordinar e avaliar as actuacións de prevención e paliativas en canto se detecte algún caso.

"Seguimos aconsellando evitar viaxes a zonas de alta incidencia e que as persoas que poidan ter os síntomas: tose, febre ou dificultade respiratoria xeral, que eviten ir a lugares de moita xente", dixo Jesús Vázquez Almuíña, conselleiro de Sanidade.

O Conselleiro insistiu en que se están reforzando os equipamentos de urxencia, e organizando os servizos do 061 e de asistencia médica a domicilio para poder atender os casos se se dan.

Noticias web

01/03/2020