CRTVG

Buscar

A pandemia continúa á baixa en Galicia, que non rexistra ningún novo falecemento en hospitais

Publicado o 25/05/2020 21:03

• O último falecido, un usuario dunha residencia, eleva a 614 as vítimas

• Os hospitais teñen ingresadas 71 persoas, 11 delas na UCI

Galicia non rexistrou este luns ningunha morte con COVID-19 en hospitais. Polo tanto, a cifra de vítimas mortais, tras o falecemento notificado na tarde do domingo do usuario dunha residencia, mantense en 614 persoas. Trátase do quinto día sen rexistrar novos falecidos desde o inicio da pandemia na comunidade.

Os casos activos de coronavirus sitúanse en 854, 15 menos ca na xornada de onte.

Nas residencias rexístrase tamén un leve descenso de afectados, cun total de 73 (-1) usuarios enfermos e 62 (-2) profesionais.

Por áreas sanitarias, a distribución dos casos é a seguinte:

• Vigo: 255 (-6).

• A Coruña: 207 (-8).

• Santiago: 145 (-2).

• Ourense: 127 (+3).

• Lugo: 58 (=).

• Pontevedra: 36 (-1).

• Ferrol: 26 (-1).

Do total de pacientes positivos, 11 (-1) permanecen na UCI, 60 (-1) están en unidades de hospitalización e 783 (-13), no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 9.740 (+24) persoas curadas.

O número de PCR realizadas é de 135.464, 774 na xornada de onte.