CRTVG

Buscar

Galicia contará cun servizo de garda social para atender as vítimas de violencia machista

Publicado o 02/05/2019 18:55

Feijóo facía estas declaracións despois do Consello da Xunta, en que se aprobou a posta en marcha dunha quenda de garda social para atender as vítimas da violencia machista e os seus fillos e fillas menores.

A Xunta acaba de asinar un convenio co Colexio de Traballo Social para crear este servizo que funcionará as 24 horas de todos os días do ano. Profesionais especializados informarán as mulleres das axudas dispoñibles e daranlles apoio integral. Este servizo completa o da quenda de garda psicolóxica.

Noticias web

02/05/2019