CRTVG

Buscar

Galicia contará cun censo e un plan de axudas para persoas maiores que viven soas

Publicado o 13/11/2019 15:06

Preto de 280.000 fogares galegos teñen un único residente e 128.000 corresponden a persoas con máis de 65 anos. Son datos do Instituto Nacional de Estatística que a Xunta, en colaboración coa Fegamp, quere actualizar e ampliar no censo de persoas maiores que viven soas.

Fabiola García, conselleira de Política Social: "Unha mostra a partir da cal poidamos elaborar un mapa da distribución das persoas que viven soas sen desexalo e poder levar a alí os distintos recursos que apoien e coiden estas persoas maiores e tamén os recursos que complementen os que xa existen a día de hoxe".

Entre os recursos que xa existen, a conselleira salientou o servizo de axuda no fogar, cun investimento de 80 millóns de euros cada ano, o de xantar na casa, que reparte 40.000 menús ao mes, a teleasistencia e as casas do maior.

Fabiola García, conselleira de Política Social: "Co obxectivo de que todos os maiores poidan continuar vivindo nas súas casas se así o desexan e a Xunta de Galicia debe ser quen de levar alí os recursos".

Está previsto que a elaboración do censo de maiores que viven sós estea rematado o ano que vén.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/11/2019