CRTVG

Buscar

Galicia contará con 457 prazas MIR, 53 máis, na próxima convocatoria

Publicado o 29/07/2019 18:05

• É a maior oferta de prazas MIR da historia, cun reforzo na especialidade de médico de familia. Galicia é unha das comunidades que máis sae beneficiada polo incremento de prazas, atendendo así unha reclamación da sanidade galega

Aprobada a maior oferta de prazas MIR da historia, cun especial reforzo na especialidade de médico de familia. Galicia é unha das comunidades máis beneficiadas. No Sergas formaranse case medio milleiro de médicos internos residentes, o maior número da historia. 

Máis de 9.500 prazas en formación sanitaria especializada para o ano que vén. A maior parte, 7.500, serán para médicos internos residentes, o que supón un incremento de máis do 10% das prazas MIR. A especialidade que máis se reforza é atención primaria, é dicir, a medicina familiar.

No plan aprobado entre o Minsiterio de Sanidade e as comunidades tamén destaca o reforzo en pediatría, outra especialidade con problemas de cobertura. Galicia é unha das comunidades que máis sae beneficiada polo incremento de prazas MIR, atendendo así unha reclamación da sanidade galega.

No plan de formación sanitaria do ano que vén tamén se reforzan as prazas de enfermería, serán preto de 1.500.

 

 

 

 

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

29/07/2019