Galicia contará con 16 novas Casas Niño en concellos do rural
Publicado o 05/07/2021 14:32
Galicia vai contar con 16 novas Casas Niño, a metade na provincia de Ourense. Confirmouno a conselleira de Política Social esta mañá durante a visita a unha desas futuras casas, en Quintela de Leirado. As axudas para os solicitantes saen publicadas hoxe no DOG. Cando estean operativas, serán preto de cincocentas o número total de prazas de casas niño en Galicia, un servizo gratuíto para favorecer a conciliación nos concellos do rural. Fabiola García, conselleira de Política Social: "Nestes momentos temos 77 casas niño abertas e en funcionamento na nosa comunidade. Hoxe sumamos 16 novas, un total de 93 concellos na nosa comunidade disporán deste servizo de concialiación 100% gratuíto para os pais e nais de Galicia".